O PSdeG rexeita unha coalición para o Senado con En Marea

O portavoz parlamentario dos socialistas, Xoaquín Fernández Leiceaga, asegura que o partido "non quere porse límites" e "espera conseguir un mellor resultado" nas próximas eleccións.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/02/2019 | Actualizada ás 16:27

Comparte esta noticia

O portavoz parlamentario do PSdeG, Xoaquín Fernández Leiceaga, descartou este luns concorrer ás eleccións ao Senado en coalición con outras forzas políticas e indicou que, "se En Marea quere ennoivarse co BNG, que non use o PSdeG como carabina". Así respondeu Leiceaga este luns á proposta exposta polo portavoz de En Marea, Luís Villares, de crear "unha gran plataforma progresista" para presentarse ás eleccións do próximo 28 de abril ao Senado.

Rolda de prensa do portavoz parlamentario do PSdeG, Xoaquín Fernández Leiceaga
Rolda de prensa do portavoz parlamentario do PSdeG, Xoaquín Fernández Leiceaga | Fonte: Europa Press

Leiceaga asegurou que o PSdeG "quere ser neutral sobre os problemas doutras formacións políticas", pero pediu a En Marea que non utilice aos socialistas "de panca nos seus conflitos internos" e "que poña orde na súa casa antes de tentar ampliar a desorde".

"O máis sorprendente desa proposta é que pretende casar co PSOE a aqueles que votaron en contra dos orzamentos (estendendo a responsabilidade dos independentistas ao BNG, que non ten representación)", subliñou o portavoz parlamentario socialista, quen lamentou que, ao votar en contra das contas, tamén se votou 'non' "á continuidade do presidente do Goberno, Pedro Sánchez".

Así, Leiceaga sinalou que o Partido Socialista "ten un compromiso coa Constitución e co Estatuto de Autonomía", polo que este é un requisito que sería pedido "a calquera forza que queira chegar a acordos en serio co PSdeG para presentarse".

Neste sentido, criticou que Ciudadanos descartase pactar co PSOE tras as eleccións xerais. "Queren envolverse na bandeira da Constitución, pero pacta con partidos que moi insuficientemente poderían estar dentro dela. En cambio, non pacta cun Partido Socialista que é puramente constitucional", subliñou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

4 SON

Que vergoña de home.... do BNG, como defensor do dereito de autodeterminación dos povos, a devecer por pactar con Ciudadanos... ver para crer... mais realmente non é tan estraño...estes que tan de esquerdas foron hai tempo son agora os peores nacionalistas españois... lembrade os casos de xentes como Cancio, Pedro Arias, Alfonso Guerra, o xornalista Chani, Jiménez Los Santos, etc, que noxo dan todos...

3 Gamela

Pois fai moi mal en rexeitar unha idea "revolucionaria" / igual esa plataforma para o Senado daría paso a unha verdadeira Cámara Territorial se fose posible poñer 3 marcas na papeleta sepia e escoller entre os de Villares, os de Podemos, os de Anova, os de EU, os de PSdG e os do BNG (x) (x) (x) Ao fin e ao cabo no Senado van todos a durmir catro anos (agás que teñan que premer o botón do 155) !

2 Bendito Chiringuito

Leiceaga o do BNG: Militante de ERGA (1978-1984), en 1981 foi elixido o seu secretario nacional, baixo palio da UPG. Formou parte da comisión xestora do Bloque Nacionalista Galego trala súa fundación (1982). Primeiro tenente de alcalde do concello de Noia polo Bloque (1987), foi vicerreitor económico na USC (1990-1994). Alentou a formación do Colectivo Avante no BNG e integrouse en Unidade Galega cando entrou a formar parte do BNG (1994). Foi director do IDEGA (1998-1999). Concelleiro en Santiago de Compostela polo BNG (1999), foi delegado de Facenda, Orzamentos, Patrimonio e Mercados e membro da comisión de goberno. En 2002 foi elixido secretario de finanzas do BNG... Que era a nación e a autodeterminación para o político? Paga mellor o PsoEspañol para agora defender a Constitución de 1978 como intocable? Hai que ter caradura para esquecer o pasado, negar o que tanto se predicou ou mala memoria a cambio de recompensa.

1 lóstrego

O PsoE de "deG" non ten ten.