Así é o novo Atlas Nacional de España que permite "entender mellor a diversidade" do estado

O profesor da USC Alberto Martí Ezpeleta é un dos autores desta obra.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/02/2019 | Actualizada ás 18:06

Comparte esta noticia

O Instituto Xeográfico Nacional publicou o novo 'Atlas Nacional de España' que, en palabras do profesor da USC Alberto Martí Ezpeleta, un dos autores da obra, "permitirá entender mellor as diferentes realidades e a diversidade dun territorio tan grande como España".

A nova obra, que supón unha actualización dos fascículos que se foron publicando na década dos 90, recompila mapas actualizados sobre o medio natural, a poboación e a sociedade españolas, as súas actividades produtivas e económicas, equipamentos, transportes, estrutura territorial e paisaxe, entre outros.

En declaracións a Europa Press, o coordinador do capítulo dedicado a 'Clima e Auga', Martí Ezpeleta, destacou a "importancia" deste tipo de publicacións, que son un elemento "moi preciso que permite entender a realidade dun territorio tan amplo como España".

Así, o docente e investigador insistiu en que se trata dunha "obra moi importante" porque os mapas "permiten comprender mellor a realidade socioeconómica, a natural e a ambiental".

O novo Atlas, titulado "España en mapas. Una síntesis geográfica", pode descargarse xa por capítulos dende o web do Instituto ou consultar arredor de 1.200 elementos gráficos, dos cales máis de 800 son mapas que mostran múltiples variables, secuencias temporais, distintos ámbitos xeográficos e diversos niveis de agregación territorial. Para Martí Ezpeleta, “nun territorio e nunha sociedade tan cambiantes e diversos este Atlas vai ser de grande axuda para comprender a realidade natural, ambiental, social e económica do noso país”. 

Distribución das precipitacións acumuladas en España
Distribución das precipitacións acumuladas en España

DÉCADAS DE TRABALLO

Os traballos no Atlas Nacional de España (ANE) iniciáronse no entón Instituto Geográfico y Catastral nos anos 60 ata finalizar unha primeira edición completa en seis tomos en 1997, que se foi actualizando de maneira constante ata pasar a ser unha colección de publicacións agrupadas en diferentes series publicadas a través de diversos canais, cobrando especial importancia internet. España en mapas. Una síntesis geográfica forma parte da serie CompendIos do ANE e constitúe unha síntese do contido que máis tarde recollerá a serie Xeral.

Segundo informou a USC nun comunicado, ademais do profesor Alberto Martí, participaron na elaboración da obra Rubén C. Lois González, coordinador da sección 'España no mundo', Xosé Santos Solla, Miguel Pazos Otón, Carlos Ferrás Sexto, José Antonio Aldrey Vázquez, Daniel do Río Franqueira, Carlos Macía Arce, Valerià Paül Carril e María José Piñeira Mantiñán. A profesora Montserrat Villarino é vogal do comité científico asesor da obra.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 Saviñou

E, atención, pra variar, a historia de Galiza NON pinta nada ("castrexos" porque celtas sona anticonstitucional, romanos, un chisco (pequeno) de suevos, moros, reino de Asturias, reino de León, reino de Castela... século XXI: comunidad autónoma de Galicia. Todo en orde, circulen.

1 Courelois

Fabricando unha Galicia púnica-romana con 18 xacementos (e parcialmente esxcavados). A exposición Galaicos no MAN é unha soberana tomadura de pelo. O comisario podería ser Serrat e o seu Mediterráneo...

1 Ghon Than

Xa comezamos mal co nome. Atlas "Nacional" de España. Dime de lo que presumes y te diré de lo que careces. É un refrán moi español, que os define de marabilla.