O colectivo médico anuncia novas mobilizacións en defensa da especialidade de urxencias

Protestan ante a “gravísima falta de médicos” nestes servizos e o dereito dos pacientes a recibir unha atención segura e de calidade nos mesmos.

Por Galicia Confidencial | Madrid | 19/02/2019 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

O Consello de Dirección da Sociedade Española de Medicina de Urxencias e Emerxencias (Semes), anunciou o inicio dunha “etapa de reivindicación” con paros selectivos de 24 horas en todos os Servizos de Urxencias e Emerxencias de España. Unhas mobilizacións que se suman xa aos paros e folgas que están tendo lugar en Urxencias do CHUS.

Protesta de traballadores de Urxencias do CHUS
Protesta de traballadores de Urxencias do CHUS | Fonte: COMITÉ DE FOLGA DE URXENCIAS DO CHUS

Segundo apuntan nun comunicado, o seu obxectivo non é outro que a creación da especialidade de medicina de urxencias e emerxencia, debido á “absoluta inexistencia de perfís profesionais que poidan dedicarse a esta especialidade”. Un feito, di, que ocasionou a falta de profesionais para dar cobertura a estes servizos.

Por iso, anuncian paros selectivos de 24 horas en todos os servizos. Ademais, anunciaron a súa adherencia á manifestación de protesta convocada pola Confederación Estatal de Sindicatos Médicos que terá lugar o próximo día 7 de marzo. “Non se reclama máis diñeiro, só o recoñecemento regulado pola Lei española, como única garantía de seguridade á propia poboación”, sinalan os médicos.

Os profesionais de emerxencias consideran esta prestación como un “servizo público esencial dentro do sistema sanitario” para o que defenden, “unha formación regulada”. Por todo iso, iniciarán trámites por Vía Contenciosa Administrativa contra o Goberno, ante os tribunais españois e a Comisión Europea, por vulneración sistemática de dereitos fundamentais.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta