Os concellos de Vedra e Boqueixón contarán coa primeira enfermeira especialista en pediatría de Galicia

A xerencia sanitaria da área de Santiago destaca que "a nosa comunidade é das poucas que creou esta categoría", que se lle suma ás profesionais xa existentes

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/02/2019 | Actualizada ás 13:10

Comparte esta noticia

A xerencia sanitaria compostelá incorporou a primeira enfermeira especialista en pediatría de Galicia aos centros de saúde das localidades coruñesas de Vedra e Boqueixón.

Segundo informou a xerencia nun comunicado de prensa, esta será a "primeira praza creada con esta categoría en Galicia e das primeiras de España". "A nosa comunidade é das poucas que creou a categoría de enfermaría especialista", destacou a xerencia compostelá. Así, os 900 pacientes pediátricos que hai rexistrados nesta área contarán desde este luns cunha DUE especializada, á parte da pediatra da zona.

Por outra banda, esta incorporación súmase ás "281 enfermeiras asistenciais que atenden nos diferentes centros de saúde de Atención Primaria da EOXI de Santiago, sen contar os Puntos de Atención Continuada", segundo indican dende a xerencia.

Pediatría.
Pediatría.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta