Invesgigan a morte dun bebé de 12 meses no seu domicilio en Marín

Foi a nai a que chamou ao 061-Emerxencias a primeira hora da mañá.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/02/2019 | Actualizada ás 13:03

Comparte esta noticia

Un bebé de 12 meses morreu na mañá deste martes no seu domicilio do municipio pontevedrés de Marín, segundo confirman a Europa Press fontes consultadas na Policía Nacional e Local e o Concello.

As fontes policiais consultadas explicaron que se abriu unha investigación para determinar as causas concretas desta morte, aínda que fontes do Consistorio e do corpo local barallaron que "se supón" que se produciu "de forma natural".

Segundo informou o 112 Galicia a Europa Press, a nai do menor púxose en contacto con este servizo de emerxencias ao redor das 8,35 horas da mañá para solicitar asistencia sanitaria.

Tras iso, o 061-Urxencias Sanitarias mobilizou unha ambulancia asistencial e outra medicalizada ata o domicilio situado na rúa Jaime Janer, onde os profesionais sanitarios realizaron manobras de reanimación cardiopulmonar ao bebé sen éxito, tras o cal confirmaron o seu falecemento.

Tamén acudiron ao lugar un xuíz, para proceder ao levantamento do cadáver, así como efectivos da Policía Nacional e da Local e un equipo de psicólogos para atender á familia.

Ambulancia do 061. 061-GALICIA - Arquivo
Ambulancia do 061. 061-GALICIA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta