Abren unha investigación pola morte dun garda civil no cuartel de Miño (A Coruña)

Faleceu por un disparo no propio edificio da Benemérita

Por E.P. | A CORUÑA | 19/02/2019 | Actualizada ás 14:14

Comparte esta noticia

O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, confirmou a apertura dunha investigación pola morte dun garda civil no cuartel de Miño (A Coruña).

O axente, que estaba de baixa psicolóxica, foi localizado morto por un disparo no propio cuartel desta localidade coruñesa "hai dous días", segundo explicaron a Europa Press fontes da Benemérita.

O delegado do Goberno trasladou o pésame á familia e os seus compañeiros, aos que expresou tamén toda a súa "solidariedade".

Axente da Garda Civil
Axente da Garda Civil | Fonte: Arquivo Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta