O CHUS responde que habilitou "recursos extraordinarios" para atender a "moita" demanda de Urxencias

Achaca tamén esta situación á folga de ambulancias, que "retarda" o traslado de pacientes entre centros ou ás súas casas

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/02/2019 | Actualizada ás 20:33

Comparte esta noticia

O Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) admite que este martes houbo "moita demanda", "máis da habitual", no servizo de Urxencias do Hospital Clínico, polo que se tiveron que habilitar "recursos extraordinarios" que garantiron que "todo o mundo" fose atendido.

Pacientes ciscados nos corredores de urxencias do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago
Pacientes ciscados nos corredores de urxencias do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago | Fonte: CHUS.

Así respondeu o CHUS á petición de amparo formulada ante o xuíz de garda pola delegada de prevención de Urxencias do Clínico, a médica Fátima Nercellas, ante a presenza de "pacientes graves no corredor" deste servizo na tarde deste martes ao haber enfermos pendentes de ingreso na área de Observación.

Neste sentido, fontes do Complexo Hospitalario de Santiago explicaron que houbo "moitísima entrada de pacientes" en Urxencias e "moito ingreso", o que cifra nun total de 330 adultos entre as 8,00 horas da mañá e as 18,00 da tarde, "máis do habitual".

Deste xeito, o CHUS asegura que "se habilitaron espazos novos" e "habitacións libres", medidas adoptadas "a última hora da mañá" para atender a todos.

Ademais, estas mesmas fontes achacan esta situación a que a folga de ambulancias "retardan" o proceso de traslado de pacientes desde os centros hospitalarias ás súas vivendas e desde un centro a outro, xa que "non están a dar o servizo coa axilidade que deberían".

Precisamente, a médica que formulou o amparo ante o xuíz de garda critica que "media hora" despois de facelo, a xerencia compostelá abriu a zona de "REA antiga para subir a 15 pacientes" dos 28 pendentes de ingreso na sala de Observación.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta