Case 11.000 persoas para 390 prazas do Sergas

Terán lugar o 9 e 10 de marzo en Silleda.

Por Galicia Confidencial | Silleda | 20/02/2019 | Actualizada ás 11:06

Comparte esta noticia

Un total de 10.892 persoas están convocadas ás oposicións do Servizo Galego de Saúde (Sergas) que se celebrarán na localidade pontevedresa de Silleda os días 9 e 10 de marzo, nas que se ofertarán 390 prazas, segundo publicou este mércores o Diario Oficial de Galicia (DOG).

Tal como sinalou a Xunta nun comunicado, este proceso selectivo é o primeiro no que se habilitou unha quenda para as persoas con discapacidade intelectual, "coas pertinentes adaptacións de temarios e tempo de realización das probas", ao que asistirán un total de 218 opositores.

Estes aspirantes están convocados para o sábado 9 de marzo ás 10,00 horas para a realización do primeiro exercicio da parte específica. Ademais, o domingo 10 de marzo, ás 15,30 horas, examinaranse os aspirantes de acceso libre, promoción interna e discapacidade xeral, que realizarán o tres exercicios que comprende a fase de oposición.

O Sergas ofrece neste proceso de selección un total de 390 prazas, das cales 144 corresponden aos opositores de acceso libre, 195 para promoción interna e 21 para discapacidade xeral e 30 para persoas con discapacidade intelectual. As probas realizaranse no recinto da Feira Internacional de Galicia, en Silleda, onde se reforzarán as medidas de seguridade".

Doutra banda, a Xunta lembrou que as probas para o grupo de auxiliar da función administrativa realizaranse o 7 de abril, mentres que o 12 de maio serán as da categoría de enfermaría.

Oposicións en Galicia
Oposicións en Galicia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 eusi

Unha mostra mais da incomPPetencia acumulada durante décadas, e que se nos vende como se fose un logo Frijoleiro. O trío VÓmitoX ataca de novo...