A longa noite de pedra do galego como lingua materna

O último gran estudo da RAG certifica que o mapa lingüístico cambiou substancialmente nos últimos corenta anos, e que o galego paseou de ser a lingua materna, a case lingua estranxeira na súa propia terra. Problemas de prestixio e, principalmente, de transmisión de pais a fillos condenan ao galego a ser un idioma de segunda. Tampouco axudan as novas tecnoloxías que se difunden en idiomas maioritarios, principalmente, o inglés.

Por Xurxo Salgado | Santiago de Compostela | 20/02/2019 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

“Lingoa proletaria do meu pobo,

eu fáloa porque sí, porque me gosta,

porque me peta e quero e dame a gaña;

porque me sai de dentro, alá do fondo

dunha tristura aceda que me abrangue

ao ver tantos patufos desleigados,

pequenos mequetrefes sin raíces

que ao pór a garabata xa non saben

afirmarse no amor dos devanceiros”.

Campaña de Queremos Galego
Campaña de Queremos Galego | Fonte: blogoteca.com


Así sentía o gran Celso Emilio Ferreiro a súa lingua nai, a lingua nai de Galicia en plena Ditadura mentres sufría vendo como castelán se impuña coma idioma de prestixio e arrepuxaba ao galego a quedar como o idioma dos pobres. Hoxe, no 2019, hai moito tempo que morreu a Ditadura, pero as lousas que tivo que aturar o idioma galego foron pesadas de máis e novos tempos de educación, liberdades e novas tecnoloxías non conseguiron erguer.

Precisamente, este xoves 21 de febreiro celébrase o Día Internacional da Lingua Materna. Un día no  que se quere chamar a atención sobre a relevancia dos idiomas propios como recurso de "diversidade cultural", segundo a UNESCO. O organismo denuncia coma o 43% das 6.000 linguas están na actualidade en perigo de desaparecer, debido en parte a non ser integradas nos sistemas educativos, no uso público e, desde hai unha década, no contido de Internet.

E a este novo Día da Lingua Materna o galego chega en situación de febleza. E non o din poucos medios que aínda utilizan o galego como lingua vehicular, senón a propia Real Academia Galega que advirte de que o castelán é a lingua materna maioritaria e que xa se rompeu a transmisión do galego entre pais e fillos.

NON SE TRANSMITE XA O GALEGO

A fenda na transmisión lingüística interxeneracional é cada vez maior. "Estamos obrigados a lanzar unha voz de alerta, unha voz que quere ser alentadora, pero que non pode deixar de expresarse en ton de alarma. Non pretendemos alimentar un discurso pesimista sobre o futuro do galego, pero non podemos deixar de sinalar os riscos que corre o noso idioma", destacaba o coordinador do Seminario de Sociolingüística da RAG e académico, Henrique Monteagudo, sobre a situación do galego.

Informes do CIS e estudos da RAG ratifican que o galego morre coa xente máis vella. Son eles, os maiores de 65 anos os que aínda a manteñen, maioritariamente, como lingua materna. Pero, se a franxa de estudo é desde os catro aos 65 anos, o castelán xa é o principal idioma materno. "As xeracións máis novas están a protagonizar un proceso acelerado de monolingüización en castelán a un ritmo que non prevían os resultados dos estudos previos", recóllese no informe “Lingua e Sociedade en Galicia. Resumo de resultados 1992-2016”.

Desde a Xunta insisten que as cifras de aprendizaxe do galego son as mellores dos últimos anos. E non lle falta razón a Política Lingüística cando afirma isto. Pero, todos os estudos constatan tamén unha gran fenda  na transmisión da lingua galega entre pais e fillos e uns usos decrecentes na poboación máis nova da comunidade. O problema xa non é aprendelo na escola, como se aprende o inglés ou o francés, senón usalo habitualmente.

DESGALEGUIZACIÓN DAS CIDADES

Un proceso que é moi acelerado nas zonas urbanas, que son as que teñen maior densidade de poboación e nas que se está dando xa un fenómeno que comeza a ser normal en Galicia, mozos e mozas que non teñen contacto algún co galego, agás o que poidan escoitar ocasionalmente nalgunha radio ou na TVG.

O estudo da RAG certifica que o mapa lingüístico cambiou substancialmente no últimos corenta anos, e que o galego paseou de ser a lingua materna, a case lingua estranxeira na súa propia terra. "Un dos problemas fundamentais da lingua galega é a interrupción da transmisión lingüística xunto coa perda de espazos de uso que representa a monolingüización en castelán das principais áreas urbanas, lugares de maior dinamismo social, intimamente relacionados co prestixio das linguas", advirten desde a Academia Galega.

Hai unha falta de planificación de prestixio do idioma. Ti podes dar poder a unha lingua, pero non podes asegurar que a xente a siga falando”. Este é parte do diagnóstico sobre a situación do galego que facía recentemente Anik Nandi, sociolingüista bengalí experto na transmisión interxeracional da nosa lingua nunha entrevista no GC. Segundo el, "fai falta abrir outros camiños” para asegurar o futuro do idioma e eses novos carreiros non deben basearse só en depositar toda a esperanza nos neofalantes.

Manifestación de Queremos Galego en Santiago
Manifestación de Queremos Galego en Santiago

INTERNET

Pola súa banda, tamén desde a Secretaría Xeral de Política Lingüística, destacan a importancia das políticas para “valorizar” e “prestixiar” o idioma galego entre os máis pequenos. Valentín García puña como exemplo tamén nunha reportaxe no GC o proxecto ‘21 días co galego’, desenvolvido en varios centros educativos das catro provincias co obxectivo de fomentar o uso da lingua dentro e fóra das aulas. “Igual que os nenos entenden que o castelán non é tan común no mundo dos videoxogos, ao que asocian máis o inglés, teñen que entender que o galego, de momento, ten algunhas limitacións nalgúns ámbitos”, afirmaba.

Precisamente,  son as novas tecnoloxías e, especialmente, Internet, onde se xoga o futuro dos idiomas. E Internet, polo momento, reforza a posición do inglés como idioma global e, en menor medida, outros idiomas coma o ruso, o español, ou o español e francés. Un campo no que o galego xoga en moita desvantaxe. Unha situación que empeora, ademais, pola política de subvencións da Xunta de Galicia cos medios de comunicación, xa que segue favorecendo aqueles que están en español.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 16 comentarios

11 uu1

Hoje em dia fala-se de língua inicial porque as crianças aprendem a falar escuitando e vendo a TV e se: no cinema 100% castelhano, nos jornais em papel 100% castelhano, na televisão TDT, 30 canais em castelhano e 2 em galego, nas plataformas digitais 100% em castelhano, jornais digitais, não sei 80% castelhano e 20% galego. Pensar que che podam atender em galego para renovar o DNI, passaporte é uma ilusão, que encontres um médico que atenda em galego outro tanto, e podemos seguir e seguir. Eu animo a ver os contidos audiovisuais na versão do português do Brasil, que não é nem mais nem menos que uma variedade da nossa língua. “Logo arribamos ás costas do Brasil, onde os seus habitantes falan un idioma nascido e criado en Galiza, anque todos se empeñen en chamarlle português” palavras de Castelao no Sempre em Galiza. Se uma pessoa galego galante não pode viver no seu idioma todas as demais medidas serão completamente valeiras.

10 Sentidiño

Unha nova positiva (non é publicidade): Empresa estrea páxina web en galego no Día Internacional da Lingua Materna. http://blog.toldosgomez.com/2019/02...

9 Españolistas dades noxo

O problema do galego é que non se impón, coma o castelán. Símplemente. O castelán onde non se impón coma nos EUA non se fala e as novas xeracións abandónano, coma o galego.

1 Ordeño II

Lo mismo pasa con la fe católica, tambien desciende....¿tenemos que imponer la fe para que no desaparezca?, ¿no es suficiente con que tengan fe solo los que les de la gana?. El gallego no desaparecerá mientras la gente desee hablarlo y el dia que la gente decida que no quiere hablarlo, explicame que ganariamos con tener a un monton de gente obligada a usarlo. Nadie le tiene odio al gallego, eso solo es una mania del nacionalismo cavernicola.

2 Españolistas dades noxo

Ninguén lle ten odio ao galego, desaparece porque lle impoñen o castelán a quen o fala. O mesmo cos castelánfalantes nos EUA, que lle impoñen o inglés. Se non llo impuxesen non terían razón pra deixar de falalo. O resto parafernalia e palabras baleiras.

3 teutonio

A diferenza é que desde as revolucións do séc. XIX enténdese a relixión como algo propio da esfera persoal de cada cidadán nos países democráticos. Pola contra, a política lingüística é unha das competencias principais de cada estado. Establecer cales son as linguas oficiais, xestionar esa diversidade lingüística, definir un standard oficial, recoñecer unha serie de dereitos e garantías pras minorías, establecer que idiomas son usados na educación ou administración, fortalecer e protexer a diversidade cultural e lingüística, ou o contrario, reforzar a primacia da lingua nacional. Por tanto, amigo nostrus, o teu comentario é completamente absurdo.

8 Españolismo ignorante

Cansativo o discurso galegófobo dos nacional- fascistas español. Tódolos idiomas do mundo serven para comunicarse a excepción do Galego, Catalán e Vasco que só están para molestar. Como dicía o autor Aldous Huxley, Na maioría dos casos a ignorancia é un asunto superábel, non sabemos porque non queremos saber.

7 Pitito

Sempre me fascinou como a ignorancia se viste de liberalismo cultural (que cada uno hable lo que quiera, es una de lasmlwnguas oficiales ), o la ignorancia historica (en tiempos de Franco la situacion del gallego era mejor que hoy). Fascinante ignorancia a das clases medias, a mesma queblle fai dicir ao chegar aos aeroportos ingleses, joder, aqui nadie habla español. Vaia xentiña!!!