O Parlamento galego reclama ao Goberno central retomar a negociación co Grupo Endesa para un convenio marco

Tamén pide ao Goberno que mentres non haxa novo convenio se manteñan as condicións no último acordo eléctrico.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/02/2019 | Actualizada ás 16:26

Comparte esta noticia

O Parlamento de Galicia aprobou este mércores unha proposición non de lei na que insta á Xunta a solicitar ao Goberno central que "esixa ao Grupo Endesa retomar a negociación dun novo convenio marco". A iniciativa, defendida polo Grupo Popular en comisión parlamentaria e que contou con dez votos a favor e dúas abstencións, céntrase nas demandas a realizar polo Goberno galego en relación coa negociación dun novo convenio colectivo polo Grupo Endesa.

En concreto, pídese "que esixa ao Grupo Endesa retomar a negociación dun novo convenio marco, respectando a actual mesa negociadora, e mentres este non se formalice, manter activas as condicións establecidas no IV Convenio Marco".

Ademais, no texto aprobado, aposta por "aplicar o disposto no IV Acordo Marco para o Emprego e a Negociación Colectiva 2018-2020 asinado en xullo de 2018 co consenso dos axentes sociais".

Parlamento De Galicia. EUROPA PRESS - Archivo
Parlamento De Galicia. EUROPA PRESS - Archivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta