Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/02/2019 | Actualizada ás 18:11
O portavoz parlamentario e presidente do PSdeG, Xoaquín Fernández Leiceaga, celebrou o "firme" compromsiso do Ministerio de Fomento co Corredor Atlántico tras o anuncio de que investirá 2.820 millóns durante este ano para realizar actuacións e melloras en distintos trazados. Do total, 370 millóns investiranse en tramos de vía do cuadrante Noroeste.
En declaracións aos medios durante o acto de presentación, Leiceaga destacou que a conexión co Noroeste "non só ten unha elevada prioridade nas propostas do Ministerio, senón que, ademais, ten un calendario relativamente próximo".
Así, destacou que as infraestruturas ferroviarias, tanto Vigo-A Coruña como a conexión de Vigo-Venta de Baños, teñen a previsión do ano 2025. "Unha referencia moi favorable" porque, segundo indicou, permite pensar en que poden incluírse no último período de fondos europeos para este proxecto.
Ademais, o portavoz socialista tamén puxo en valor a "proposta de colaboración" lanzada polo ministro José Luís Ábalos. "Indica tamén unha vontade de que isto sexa un compromiso firme e que estea por encima das electorais e políticas", apuntou.
DELEGADO DO GOBERNO
Pola súa parte, o delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, asegurou que o Corredor Atlántico ferroviario é "un gran proxecto" que servirá "para vertebrar Galicia e para relanzar a economía".
Ademais, asegurou que "os galegos e as galegas debemos estar moi satisfeitos con este compromiso", insistiu tras a presentación realizada en Madrid e á que Losada asistiu.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.