Un home resulta ferido por queimaduras nun incendio en Quiroga e outro morreu no Incio por accidente cun tractor

No caso de Quiroga a persoa ferida estaba a retirar unhas bombonas de butano gardadas no interior da vivenda dun familiar.

Por E.P. | LUGO | 20/02/2019 | Actualizada ás 20:19

Comparte esta noticia

Un veciño de Quiroga (Lugo) resultou ferido este mércores por diversas queimaduras cando trataba de retirar unhas bombonas de butano dun incendio rexistrado na casa dunha familiar que, pola súa banda, sufriu unha crise nerviosa.

Segundo informa o 112, todo iso ocorreu no lugar de San Vitorio sobre as 15,00 horas da tarde, cando un particular se puxo en contacto coa central de emerxencias para avisar do incendio orixinado no forno da casa. Seguidamente, o persoal do 112 deu aviso aos bombeiros de Monforte e ao GES de Quiroga, que traballaron na extinción das chamas ata pasadas as 18,00 horas da tarde.

No lugar, os servizos sanitarios de urxencia asistiron á dona da vivenda debido a unha crise nerviosa. Mentres tanto, un familiar seu foi atendido no centro de saúde da localidade por unhas queimaduras que sufriu cando, por precaución, quixo retirar as bombonas. En canto aos danos materiais, arderon o forno e a leña apilada á beira, mentres que o resto da vivenda resultou afectada o fume.

Servizo de emerxencias 112
Servizo de emerxencias 112

ACCIDENTE MORTAL NO INCIO

Un home faleceu este mércores despois de sufrir un accidente de tractor nunha leira da súa propiedade, situada no municipio lucense do Incio. Segundo informou o Centro Integral de Atención as Emerxencias (CIAE) 112 Galicia, o sinistro tivo lugar ás 16,30 horas no lugar de Airexe.

Tras recibir o aviso de mans da central de emerxencias, unha dotación de Urxencias Sanitarias 061 desprazouse ao lugar pero non puido facer nada por salvar a vida do home, que faleceu no punto. As primeiras investigacións apuntan a que a vítima quedou atrapada pola máquina que arrastraba o tractor que manexaba.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta