O Concello da Coruña pide que o plan para o Corredor Atlántico inclúa a conexión por tren a Langosteira

Desde a cidade herculina sinalan que debería incluirse outros aspectos que reclama desde hai tempo o consistorio coruñés.

Por E.P. | A CORUÑA | 20/02/2019 | Actualizada ás 20:55

Comparte esta noticia

O Concello da Coruña considera "positivo" o Plan Director do Corredor Atlántico, presentado este mércores polo ministro de Fomento, José Luís Ábalos, aínda que reclamou que debe ser "completado coa inclusión de elementos que son básicos para A Coruña e para o seu porto exterior".

Segundo sinala nun comunicado, tras a presentación realizada en Madrid do citado plan, é positivo "no que se refire ao recoñecemento da importancia do eixo Vigo-A Coruña".

"Pero debería necesariamente incluír outros aspectos que levamos tempo reclamando como a conexión ferroviaria con Punta Langosteira", subliña.

Respecto diso, cuestiona que "non estea contemplada" no Plan Director "nin como actuación complementaria". "Tamén a inclusión da liña Vigo-O Porto, unha conexión necesaria para completar o eixo A Coruña-Lisboa", sinala.

Punta Langosteira
Punta Langosteira

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta