O PP de Lugo quere abrir un "proceso participativo" de cara o programa de goberno para a Deputación

A presidenta do PP de Lugo Elena Candia, sinalou que este proceso será "participativo" para coñecer máis de perto as necesidades da provincia.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/02/2019 | Actualizada ás 21:05

Comparte esta noticia


A presidenta do PP provincial de Lugo, Elena Candia, avanzou que a formación abrirá un "proceso participativo que permitirá a construción entre todos" do programa de goberno para a Deputación, rexentada actualmente polo socialista Darío Campos.

Así o explicou Candia no transcurso da reunión da xunta directiva provincial dos populares, que se celebrou na tarde deste mércores coa participación de cargos orgánicos do partido, alcaldes e portavoces municipais.

A dirixente provincial tamén subliñou que este proceso participativo "pretende achegarlles a coñecer máis de preto as necesidades das distintas zonas da provincia" co obxectivo de plasmar "as ideas que lles trasladen os lucenses" no programa electoral.

Elena Candia
Elena Candia | Fonte: ppdelugo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta