Un metro cadrado de vivenda custa 416 euros menos en Galicia ca no conxunto estatal

O prezo a fins do 2018 alcanzou os 1.193 euros, oito euros máis ca no último trimestre de 2017

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/02/2019 | Actualizada ás 12:24

Comparte esta noticia

O prezo do metro cadrado da vivenda libre pecha 2018 en Galicia en 1.193 euros, tras unha subida de oito euros respecto do último trimestre de 2017 (+0,7%). A cifra supón unha diferenza de case 426 euros menos ca no conxunto estatal.

Este incremento do 0,7% está por baixo do avance interanual do 3,9% en España. Na comparativa do último trimestre de 2018 respecto do terceiro en Galicia hai unha alza do 1,3%, tamén menor que o 1,8% do Estado.

Estes 1.193 euros por metro cadrado supoñen volver a cifras do arranque de 2016 en Galicia, segundo os datos feitos públicos este xoves polo Ministerio de Fomento. Implican case 426 euros menos que a media de metro cadrado en España, que se eleva ata 1.618,8 euros, nunha alza que avanza nos últimos anos. De feito, é o décimo quinto trimestre consecutivo con crecementos interanuais de prezos no Estado.

En concreto, hai aumentos interanuais de prezos en 14 comunidades a fins do 2018. Os maiores aumentos protagonízanos Madrid (+8,1%) e Cataluña (+5,8%). No outro extremo, hai baixadas en Asturias (-1,4%), Murcia (-1,3%), País Vasco (-0,5%) e Castela e León (-0,1%).

Evolución do prezo da vivenda. EPDATA
Evolución do prezo da vivenda. EPDATA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta