O pasado e o presente das mulleres galegas, a través das fotografías de Xosé Abad

A exposición poderase visitar no Café Moderno Afundación de Pontevedra.

Por Galicia Confidencial | Santiago de | 21/02/2019 | Actualizada ás 13:08

Comparte esta noticia

Afundación, a Obra Social de Abanca, presenta un novo proxecto fotográfico do artista Xosé Abad, «Nais e fillas. Dúas xeracións, un obxectivo», unha exposición na que o artista mostra a mulleres de distintas xeracións, nais e fillas, unhas fronte a outras, para amosar os cambios alentadores que se deron na sociedade en favor das mulleres.

«Nais e fillas. Dúas xeracións, un obxectivo», do artista Xosé Abad.
«Nais e fillas. Dúas xeracións, un obxectivo», do artista Xosé Abad.

A mostra inaugurarase o vindeiro 27 de febreiro no Café Moderno Afundación de Pontevedra, onde se poderá visitar ata o 1 de xuño, de luns a venres en horario de 11.00 a 14.00 h e de 17.30 a 20.30 h, e os sábados de 17.30 a 20.30 h.

A finalidade é retratar e presentar ao público dúas imaxes das mulleres a través de dúas xeracións que, sen estar moi distanciadas no tempo, reflicten unha diferenza laboral e sobre todo vital.

A intención do autor é mostrar este salto xeracional no retrato de nais e fillas, dúas xeracións de mulleres cunha relación de afectividade, con vidas diferentes ligadas a traballos moi diferentes, que transcenden do privado e particular ao xenérico e emblemático, converténdose en representantes de dúas formas de vivir.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta