Mensaxe de Feijóo a Ciudadanos: "É curioso que a nova política consista en fichar membros do PP"

O presidente da Xunta resta importancia ás 'fichaxes' de Ciudadanos nas filas 'populares' para as listas das eleccións municipais.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/02/2019 | Actualizada ás 17:55

Comparte esta noticia

O xefe do Executivo galego e líder do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, restou importancia ás 'fichaxes' de Ciudadanos nas filas populares para as súas listas de cara ás eleccións municipais do próximo 26 de maio.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, en rolda de prensa. XUNTA
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, en rolda de prensa. XUNTA

"É curioso que a nova política consista en fichar membros do PP", asegurou este xoves Feijóo cuestionado sobre a saída de concelleiras e deputados provinciais do PP ourensán con dirección ao partido laranxa.

O último destes casos podería ser o da deputada provincial e edil polo PP en Xinzo de Limia, Montserrat Lama, que o pasado mércores anunciou a súa saída das filas populares. Así, Lama podería seguir os pasos do exportavoz do goberno municipal de Ourense, José Araújo, que a pasada semana confirmou a súa alta como militante no partido laranxa tras abandonar o PP.

Feijóo asegurou que Montserrat Lama marcha do PP porque "non conseguiu" ser a candidata á Alcaldía de Xinzo de Limia (Ourense). "Quería ser a candidata en Xinzo e como non o conseguiu, considera que o PP xa non debe ser o seu partido", indicou o líder dos populares galegos que, a continuación, agradeceu o traballo desenvolvido por Lama no seo do Partido Popular.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta