A Deputación de Pontevedra destina 400.000 euros para rehabilitación do patrimonio cultural

A Mesa do Camiño de Pontevedra modifica o seu regulamento para dar entrada ao conselleiro de Cultura

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/02/2019 | Actualizada ás 18:17

Comparte esta noticia

A Mesa do Camiño, que impulsa a Deputación de Pontevedra, modificou o regulamento que rexe o seu funcionamento para alterar a composición deste órgano atendendo á petición da Xunta para que poida participar o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez ou a persoa na que delegue.

Ata o día de hoxe participaban en representación da administración autonómica, a directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro ademais do director xeral de Patrimonio da Consellería de Cultura e o xerente do Xacobeo. Pola súa banda, Nava Castro ofreceu á Deputación que participe nas reunións da comisión de seguridade do Camiño, unha cuestión que se tratará e se verá, segundo Santos Héctor.

Precisamente, o deputado delegado de turismo, presidiu este xoves a reunión da Mesa do Camiño, en delegación da presidenta da Deputación de Pontevedra Carmela Silva. Así, deu conta da reunión mantida co delegado do Goberno en Galicia na que se trasladou que queren "un Camiño seguro, accesible e sustentable" para aquelas persoas que peregrinen polas diferentes rutas xacobeas que cruzan a provincia cuxo número segue sendo "de marca" segundo os últimos datos rexistrados.

Neste punto o deputado enmarcou o compromiso anunciado polo Ministerio de Fomento de acometer a reforma da varanda da ponte da Ferrería en Caldas de Reis. Unha obra reclamada desde hai anos polos veciños ante o estado de deterioración que presenta o paso peonil da ponte sobre o río Umia que une o centro urbano coa Ferrería e polo transitan os vehículos da N-550.

Os membros da Mesa do Camiño tamén foron informados os traballos levados a cabo pola Deputación de Pontevedra naquelas vías provinciais polas que pasa o Camiño "para eliminar puntos negros, crear senllas peonís e humanizar". Segundo Santos Héctor a administración provincial está a acometer obras en Baiona e ten planificadas melloras nos municipios de Barro, Caldas de Rais, Valga e Oia.

En canto á promoción turística está a difundirse o Camiño "desde a perspectiva multiexperiencial coa campaña 'Fame de experiencias', ligado á enogastronomía, termalismo, camelia e arqueoloxía", sinalou. Ademais citou que esta oferta turísica estará presente en Lisboa e será publicitada en múltiples medios de comunicación.

Ademais, Santos Héctor informou en rolda de prensa que na Mesa do Camiño anunciouse que os concellos de menos de 50.000 habitantes poden optar a un fondo de axudas dotado con 400.000 euros e destinadas á rehabilitación do patrimonio cultural e tamén de adecuación da imaxe corporativa das oficinas adheridas á rede de Turismo Rías Baixas, reedición de guías, ademais das subvencións destinadas á contratación de persoal.

Peregrinos no Camiño de Santiago. XUNTA - Archivo
Peregrinos no Camiño de Santiago. XUNTA - Archivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta