O PP acusa o Goberno central de investir no Corredor Mediterráneo "o diñeiro que corresponde ao Atlántico"

"Para Pedro Sánchez Galicia é un estorbo en lugar dun territorio ao que protexer", din os conservadores. Fomento replica a Feijóo que o Corredor Atlántico "si contempla a saída sur de Vigo".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/02/2019 | Actualizada ás 19:28

Comparte esta noticia

Os populares galegos aseguraron este xoves que o Goberno central inviste no Corredor Mediterráneo "o diñeiro que lle corresponde ao Corredor Atlántico", o que demostra, na súa opinión, "que para Pedro Sánchez Galicia é un estorbo en lugar dun territorio ao que protexer".

Presentación do Corredor Atlántico.
Presentación do Corredor Atlántico.

O PPdeG criticou que o Ministerio de Fomento "presentou un plan de investimentos para o Corredor Atlántico cheo de lagoas" e que inclúe obras que "xa están executadas".

"Máis polo miúdo, o documento, que non foi acordado co Goberno autonómico nin coñecido ata o día de onte, avanzaba un resumo impreciso de investimentos de 41.000 millóns dos que 24.500 xa están executados, ademais do investimento de 370 millóns de euros no cuadrante Noroeste para este mesmo ano, sen concretar as actuacións nin aclarar se se poderán levar a cabo sen orzamentos", indican.

Desde que chegou á presidencia, explicou o PPdeG, Sánchez "só gobernou para devolverlle os favores aos que lle puxeron nas mans as chaves da Moncloa, entregándose por completo ás esixencias do independentismo catalán e obténdose como resultado que esa Comunidade reciba o diñeiro que lle corresponden ao Noroeste de España".

Ademais, lamentan que o delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, "esquece o seu labor e actúa máis como o delegado de Ferraz na Comunidade, escollendo, sempre que ten a oportunidade, loitar polos intereses de Pedro Sánchez en lugar de facelo polas necesidades dos galegos".

SAÍDA SUR

O Ministerio de Fomento replicou ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que o Corredor Atlántico "si contempla o saída sur de Vigo (conexión co Porto), pero que a súa inclusión na rede básica só se pode facer na próxima revisión do regulamento de orientacións en 2023".

Responde así a Feijóo, quen, tras a reunión do Consello deste xoves, tachou como "manifestamente insuficiente" o proxecto de mellora do Corredor Atlántico para a rexión noroeste presentado polo titular de Fomento, José Luís Ábalos, este mércores.

Fontes do ministerio sinalan que "na proxección de investimentos para o noroeste peninsular só está computado un 5% da variante de Pajares, non os 3.420 millóns como di Feijóo". E engaden que a Xunta "non consultou ao Ministerio o seu "plan" nin convidaron o Ministerio á presentación", en relación á alianza entre Asturias, Galicia e Castela e León.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 anonimo

O trazado da liña Vigo - Ourense - Monforte - Ponferrada - León quedou completamente obsoleto. Compre facer variantes ou, xa postos una nova liña, porque, por exemplo, entre Poboa de Brollón e O Barco o trazado non deixa pasar de 80 - 90 km/hora. E o "lazo" entre Ponferrada e Astorga ( a famosa rampa de Brañuelas ) tamén penaliza moito as velocidades máximas.