Temas: SALARIOS IGREXA

O Arcebispado de Santiago adapta o soldo dos curas ao novo salario mínimo aprobado polo Goberno socialista

Cobrarán a partir de agora 900 euros mensuais.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 21/02/2019 | Actualizada ás 20:21

Comparte esta noticia

O Arcebispado de Santiago de Compostela aumentou o seu orzamento anual ata os 23,8 millóns de euros para adaptar as retribucións do clero á suba do Salario Mínimo Interprofesional (SMI) aprobada polo Goberno central.

Ofrenda ao Apóstol Santiago durante o Día de Galicia, coa presenza de Feijóo e o arcebispo Julián Barrio
Ofrenda ao Apóstol Santiago durante o Día de Galicia, coa presenza de Feijóo e o arcebispo Julián Barrio | Fonte: Xunta

Deste xeito, segundo informa o Arcebispado compostelán, os sacerdotes da Diócese de Santiago percibirán un salario mensual de 900 euros.

O consello de Asuntos Económicos da Igrexa Diocesana de Santiago aprobou este xoves o seu orzamento para 2019, que se eleva a 23,8 millóns de euros.

Así, destacan o "importante esforzo financeiro" que supón adaptarse ao novo SMI e que asume "integramente" o Instituto para a Sustentación do Clero (ISC).

Temas: SALARIOS IGREXA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

e a onde van ir os euros das entradas para visitar o Pórtico da Gloria / Fundación Catedral ? van pagar impostos polos beneficios recadados ou eso é fariña de outro costal ? claro que son expertos en fontanería financieira vía Fundacións Eclesiásticas ! https://flic.kr/p/RboG8y