Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/02/2019 | Actualizada ás 11:59
A eurodeputada galega Lida Senra participa este venres e sábado en varios actos organizados en Barcelona, nos que defenderá as pensións públicas e debullará vías para saír da "ditadura do euro e da débeda".
En concreto, a europarlamentaria galega intervén na tarde deste venres nun acto organizado pola Marea Pensionista de Catalunya e pola Coordinadora Estatal pola Defensa do Sistema Público polas Pensións. Neste evento, presentará o libro 'O futuro dss pensións. Galiza, Estado español e Europa'.
Este traballo, editado pola propia Senra hai uns meses, recolle textos dunha quincena de expertos en seguridade social, materia laboral e xubilación e pensións de diferentes partes do Estado español e doutros países da UE, que participaron o ano pasado nunha xornada organizada por ela mesma en Santiago.
Xa o sábado, está convida a intervir nas xornadas organizadas polo Procés Constituent e nas que se desenvolverá un coloquio sobre como saír da "ditadura do euro e da débeda", no que participará outros relatores como os economistas Sergi Cutillas, Arcadi Oliveres e Josep Lluís Notivoli.
Nun comunicado, a eurodeputada explicou que aproveitará a súa presenza en Barcelona para defender tamén alí a necesidade de loitar tanto no ámbito social como no político para que "os dereitos das persoas estean por encima dos intereses do capital".
Ademais, a europarlamentaria reclamará como imprescindible que as administracións garantan uns servizos públicos básicos e de calidade, "como son o acceso a unha sanidade, a unha educación e a unhas pensións dignas".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.