Losada comprométese cos traballadores de Isowat a "impulsar" unha reunión con Industria, Xunta e posibles investidores

Mantivo un encontro con representantes do persoal, que se concentraron ante a Delegación do Goberno

Por E.P. | A CORUÑA | 22/02/2019 | Actualizada ás 15:22

Comparte esta noticia

O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, comprometeuse cos traballadores da planta de Isowat na Coruña a "impulsar" unha reunión co Ministerio de Industria, a Xunta e os posibles investidores. Fíxoo durante un encontro cos representantes do persoal, aos que recibiu tras a concentración que protagonizaron os traballadores ante a Delegación do Goberno.

Javier Losada reúnese con traballadores de Isowat. DELEGACIÓN DO GOBERNO - Arquivo
Javier Losada reúnese con traballadores de Isowat. DELEGACIÓN DO GOBERNO - Arquivo | Fonte: Europa Press

Sobre a situación da planta coruñesa, o delegado do Goberno sinalou que o Executivo segue con "interese" a situación de Isowat e que tamén "traballa nas posibilidades dunha empresa en concurso", lembrou.

"O Ministerio de Industria está a tentar facilitar a procura dunha saída con mantemento da actividade e do máximo emprego, faino xunto á Seguridade Social e Facenda", subliñou.

No entanto, remarcou que "a máxima competencia tena a Xunta de Galicia, que ten competencias industriais e de traballo", aínda que apostilou que o Executivo central quere "cooperar" para alcanzar unha solución.

Nese sentido, o delegado do Goberno detallou que o persoal lle pediu unha reunión coa Xunta, o Ministerio de Industria e os posibles investidores. "Díxenlles que pomos en marcha esa petición", avanzou.

Outro asunto que considerou "prioritario" é a percepción dos salarios a través de Fogasa, o Fondo de Garantía Salarial, un aspecto que tamén se comprometeu a impulsar desde a Delegación do Goberno.

A pesar de insistir en que a situación de Isowat é complicada, con acredores e decisións xudiciais", apelou á procura dun investidor que estea disposto a seguir coa actividade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta