A Deputación de Lugo habilitará un carril bici no paseo do Rato

Destinaranse máis de 600.000 euros.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/02/2019 | Actualizada ás 16:42

Comparte esta noticia

O vicepresidente da Deputación de Lugo, Argelio Fernández, anunciou este venres, tras a xunta de goberno, que se destinarán máis de 600.000 euros para un carril bici no paseo do Rato, na capital luguesa.

Paseo do Rato, en Lugo
Paseo do Rato, en Lugo | Fonte: Youtube.

Fernández avanzou que as "obras se van iniciar de forma inmediata", nun tramo de 2,5 quilómetros entre "a Tolda de Castela e o cruzamento da LU-530 coa LP-2925". Ademais dita actuación contempla "a construción dunha zona de lecer con bancos e paneis informativos".

"Estas son melloras que se engaden ás xa executadas desde a Deputación e o Concello de Lugo na habilitación dun sistema de iluminación cun investimento de 750.000 euros e melloras na seguridade viaria desta vía (do paseo do Intre)", presumiu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta