Os veciños, os protagonistas de espallar a obra de Rosalía

O Concello de Viana convida á participación para honrar á escritora galega este domingo na Casa da Cultura. O acto terá continuidade cun concerto do grupo ‘Xardín Desordenado’.

Por X.M. Fernández | Viana do Bolo | 23/02/2019 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Viana, como moitos concellos galegos, conmemorará este domingo 24 de febreiro o ‘Día de Rosalía’. O acto, que dará comezo ás 18:00 h. na Casa da Cultura, consistirá na lectura de textos da súa obra a cargo dos veciños e veciñas e nun concerto musical a cargo do grupo ourensán Xardín desordenado.

Rosalía de Castro. Ilustración: Xosé Manuel Fdez.
Rosalía de Castro. Ilustración: Xosé Manuel Fdez.

Os participantes na lectura pública terán como agasallo un libro e unha rosa. Poderán traer a obra da senlleira poeta galega que desexen ou coller algún dos textos que terá preparados a organización do evento.

A continuación haberá un concerto do grupo Xardín Desordenado baixo o título “Rosalía entre outras cousas” no que se interpretarán cancións compostas sobre textos de Rosalía de Castro pero tamén doutras 6 poetas galegas de diferentes xeracións: Yolanda Castaño, Lucía aldao, Luísa Castro, Olga Novo, Carmen Kruckenberg e Cristal Méndez Queizán.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta