Sorprendidas pola Garda Civil cinco persoas cando extraían ourizos de forma ilegal

Interviñéronse case 300 quilogramos.

Por E.P. | Oleiros | 22/02/2019 | Actualizada ás 17:49

Comparte esta noticia

A Garda Civil do Posto Principal de Oleiros (A Coruña) procedeu a levantar acta de denuncia a cinco persoas que foron sorprendidas cando se atopaban extraendo ourizos de maneira ilegal en Santa Cruz.

Ourizos extraídos de xeito ilegal
Ourizos extraídos de xeito ilegal | Fonte: Garda Civil.

Segundo informou o Instituto Armado, os feitos sucederon no transcurso dun servizo rutineiro e, en total, interviñéronse case 300 quilogramos de ourizos que se atopaban en capazos ocultos entre as rochas e que, posteriormente, foron resembrados no mar polo Servizo de  Gardacostas.

Por outra banda, o Servizo Marítimo da Garda Civil da Coruña, en colaboración con  Gardapescas Mariños da Confraría de Cabo de Cruz, procederon a levantar acta de denuncia a sete persoas que xa foran descubertas mentres realizaban pesca furtiva de ameixas o pasado día 19 de febreiro.

Esta última vez, os feitos sucederon na zona das Redondas e Praia de Mañón. Foron incautados 13,8 quilogramos de ameixa xaponesa que se atopaba en sacos escondidos nas inmediacións. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta