Black Eyed Peas, Iggy Pop e David Guetta, unha mestura de estilos no Son do Camiño

O festival celebrarase os días 13, 14 e 15 de xuño.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 22/02/2019 | Actualizada ás 18:08

Comparte esta noticia

O Monte do Gozo de Santiago de Compostela será de novo a sede da segunda edición do Festival O Son do Camiño, que terá lugar os días 13, 14 e 15 de xuño, e reunirá a grandes estrelas do panorama internacional e estatal como Black Eyed Peas, Iggy Pop, David Guetta, Die Antwoord —na que será a súa única data este ano en España—, Rosalía, Bastille, Bloc  Party —que tocarán integramente 'Silent  Alarm'—, Richard  Ashcroft, Vetusta  Morla ou Dimitri Vegas & Like Mike.

Iggy Pop
Iggy Pop | Fonte: Wikipedia.

O cartel do Festival —que se presentou na tarde deste venres en rolda de prensa co conselleiro de Cultura, Román Rodríguez— complétano The Hives, W&W, Beret, Ayax e  Prok, Graveyard, Royal Republic, Bad Gyal, Second, Varry Brava, ELYELLA, Shinova, Full, Kitai, Molina Molina, Alice Wonder e Cariño. Ademais dunha nutrida representación galega: Iván Ferreiro, Eme Dj,  Hard GZ, Igloo, Mordem, Marem Ladson, Baiuca, Familia Caamagno e Ortiga.

Os abonos poñeranse á venda o mércores 27 de febreiro ás 12.00 horas só en www.osondocamino.es e www.eventbrite.es cun prezo especial de lanzamento de 49 euros máis gastos de xestión.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta