Extinguido un incendio forestal en Manzaneda

Arderon 23 hectáreas de monte raso.

Por Galicia Confidencial | Manzaneda | 22/02/2019 | Actualizada ás 18:31

Comparte esta noticia

A Consellería do Medio Rural informou da extinción dun incendio forestal rexistrado este venres no municipio ourensán de Manzaneda.

Helicóptero do operativo antilumes
Helicóptero do operativo antilumes | Fonte: Miguel Núñez.

Segundo explicou a Xunta a través dun comunicado, o lume iniciouse pasadas as 13,00 horas na parroquia de Cernadas e quedou extinguido sobre as 15,44 horas. Afectou, segundo as primeiras estimacións, a unhas 22,83 hectáreas de monte raso.

Nos labores de extinción deste lume participaron dous axentes, catro brigadas, unha motobomba e un helicóptero.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Suso Moinhos

*Manzaneda é, segundo a Lei de normalización linguística, um topónimo ilegal. A forma galega é Maceda de Trives.