Temas: PREMIOS CINE

Os cineclubes galegos, premio especial 'José Sellier' da Academia Galega do Audiovisual

"Os cineclubes son un dos principais promotores da cultura cinematográfica entre a sociedade", destaca a AGA.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 22/02/2019 | Actualizada ás 20:48

Comparte esta noticia

A Academia Galega do Audiovisual (AGA) decidiu outorgar á Federación de Cineclubes de Galicia (Feciga) o premio especial 'José Sellier', que cada ano recoñece iniciativas destacables no sector audiovisual.

Mostra do cineclube A Calexa
Mostra do cineclube A Calexa | Fonte: Arquivo A Calexa

O presidente desta Federación, Manuel Precedo, recolleu o galardón no Encontro de Finalistas dos XVII Premios Mestre Mateo, que se celebrou no Palacio de Congresos e Exposicións da Coruña (Palexco) e á que asistiron finalistas de todas as categorías; a directora da gala, Sonia Méndez, e numerosas autoridades.

Con este premio, a Academia quere pór en valor que "os cineclubes son un dos principais promotores da cultura cinematográfica entre a sociedade".

A Federación de Cineclubes de Galicia é unha asociación sociocultural independente e sen ánimo de lucro, que actúa como xestora dos cineclubes e que promove proxectos como programas de proxeccións, talleres de cinema ou mesas de debate.

Ademais, ten formalizados acordos con cineclubes de Portugal, como a creación da Comisión Luso-Galaica de Cooperación Cinematográfica e Cineclubista, ademais de organizar varias edicións do certame de escritos sobre a historia de Galicia cinematográfica.

Temas: PREMIOS CINE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta