Temas: EDUCACIóN FP

Educación lanza o segundo macrocuestionario en liña sobre convivencia nas aulas

Vai dirixido a un colectivo dunhas 500.000 persoas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/02/2019 | Actualizada ás 14:25

Comparte esta noticia

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional lanza o segundo macrocuestionario a liña sobre convivencia nas aulas que xa está dispoñible para toda a comunidade educativa e que busca actualizar os datos da primeira edición do cuestionario elaborado en 2015.

No seu momento serviu para obter "unha radiografía da situación dos centros escolares de Galicia". Segundo detalla a Consellería nun comunicado, trátase de "testar o pulso da convivencia de maneira continuada no tempo e coñecer a súa evolución".

O obxectivo último consiste en deseñar medidas específicas no relacionado coa convivencia escolar que sexan o máis adecuadas posible á realidade existente.

DIRIXIDO A UNHAS 500.000 PERSOAS

O macrocuestionario diríxese ao conxunto da comunidade escolar, un colectivo dunhas 500.000 persoas entre as que se inclúen alumnado a partir de 5º curso de primaria, docentes, familias e persoal non docente.

Ademais, está destinado a todas as etapas educativas: infantil, primaria, secundaria, FP, Bacharelato, escolas de idiomas e conservatorios de música. O cuestionario, que xa está dispoñible, faise mediante unha aplicación informática específica en liña. Os directores dos centros encárganse de xerar as claves de acceso para todos os membros da súa comunidade educativa de forma aleatoria para garantir o anonimato dos participantes.

Deste xeito, os destinatarios poden acceder ao cuestionario a través de calquera dispositivo electrónico (computadores, móbiles ou tabletas) coas claves aleatorias que se lles asignen.

Estudantes nun colexio
Estudantes nun colexio

Temas: EDUCACIóN FP
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta