A vicepresidenta do Goberno acusa a PP e Ciudadanos de branquear e "abrazarse" á ultradereita de Vox

Reivindica en Lugo ao PSOE como "garantía da democracia" en España e asegura que algúns socialistas "morreron" polo seu "amor a España".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/02/2019 | Actualizada ás 15:15

Comparte esta noticia

A vicepresidenta do Goberno, Carmen Calvo, reivindicou ao PSOE "como a garantía da Constitución de España e de lademocracia", nun acto celebrado en Lugo, no Hotel Torre de Núñez, nun salón que quedou pequeno para os centenares de persoas que acudiron.

Carmen Calvo estivo polo secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, o secretario provincial, Álvaro Santos, o delegado do Goberno, Javier Losada, a subdelegada, Isabel Rodríguez, a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e numerosos alcaldes da provincia.

A vicepresidenta acusou ás formacións de dereita, "ao trío de Colón", de pousar a súa vista "na negrura dunha ditadura". "Fronte a iso estamos os socialistas, e tamén os homes e mulleres que votan ao partido socialista", asegurou.

"Somos a garantía da constitución de España e da democracia. Somos e demostrámolo estes oito meses todas as semanas. Unha España á que lle sobra tensión e mentiras na política", defendeu.

Carmen Calvo subliñou que aos socialistas interésalles o poder porque "se fai política con el", fronte a aqueles que "tardaron un minuto en chegar ao poder desde a socialdemocracia, segundo dicían os seus papeis, a abrazarse a Vox", clamaba contra Cidadáns.

"Tardaron cinco anos en deixarnos claro a que viñan, e a deixarnos claro de que ían, pero aquí estamos 140 anos (desde a fundación do PSOE) traballando por este país, deixando todo, algún mesmo a vida. A nós non nos di ninguén o que é amar a España", proclamou entre aplausos.

A política andaluza resaltou que "a constitución abarca a todos, nun Estado de Dereito". "A esta constitución que é a nosa democracia, os socialistas contribuímos os que máis e ninguén vai dicirnos os que son os constitucionalistas, ninguén", clamaba.

Acto do PSdeG-PSOE en Galicia, en Lugo. Pedro Agrelo - Europa Press
Acto do PSdeG-PSOE en Galicia, en Lugo. Pedro Agrelo - Europa Press | Fonte: Europa Press

CRÍTICAS A PP, C'S E VOX

Acusou á dereita en España de radicalizarse " ata o punto de case non poder recoñecela" e "á outra dereita que viña innovar, a rexenerar" de "abrazarse á peor versión aznarista do PP e finalmente a Vox".

Calvo lamentou que a ultradereita irrompa nun país como España que ata este momento estaba "a salvo". "Criámola minoritaria pero non a esperabamos do brazo de dous partidos como é o PP e Ciudadanos. E esta si que é unha novidade, porque os partidos liberais e conservadores en Europa fixeron o seu traballo de conter á ultradereita onde tocou facelo, e a novidade é que a dereita española non o está facendo", censurou.

Ao fío disto deixou caer que, "oxalá" o debate se vira como no pacto de Toledo sobre garantir o incremento ao IPC das pensións ou dos "800 millóns de euros" (delos orzamentos xerais) aos que renunciou Casado con Feijóo para Galicia". "Unha terra como Galicia á que nós procuramos, e en moi pouco tempo, garantir Navantia e o AVE" enxalzou finalmente Carmen Calvo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Cruña

Unha pena que non falase de quen vai pagar as costas do xuizo que perdeu o concello de Lugo frente a Galicia Bilingüe.