O uso da firma dixital no ámbito xudicial quintuplicouse en 2018

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/02/2019 | Actualizada ás 19:28

Comparte esta noticia

En 2018 asináronse dixitalmente preto de 900.000 documentos nos xulgados galegos, unha cifra cinco veces superior á registradael ano anterior.

O incremento do uso da firma dixital está directamente relacionado, segundo informa a Xunta, co aumento de órganos xudiciais habilitados con esta funcionalidade, que pasaron de 2 a principios de 2017 a 136 ao final de 2018.

A extensión da firma dixital e a súa integración co sistema de xestión procesual Minerva son parte das medidas para a implantación do Expediente Xudicial Electrónico en Galicia, que desenvolven a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Consellería de Presidencia en colaboración cos profesionais do ámbito xudicial galego.

Ademais, a integración da firma dixital co sistema de xestión procesual Minerva que empregan xuíces, letrados, funcionario e con Fortuny, o sistema dos fiscais, facilita un maior uso da firma electrónica.

Creando unha web mediante Wordpress usando un ordenador portátil
Creando unha web mediante Wordpress usando un ordenador portátil

EXPEDIENTE XUDICIAL ELECTRÓNICO

Xunto coa extensión da firma dixital outra das medidas de implantación do Expediente Xudicial Electrónico foi a posta á disposición de maxistrados, letrados, fiscais e funcionariosla consulta en liña de calquera expediente xudicial a través do Visor.

O ano pasado o Visor rexistrou 43.000 visitas, un 34% máis que en 2017. Os expedientes en formato electrónico albérganse no repositorio unificado xudicial, a pedra angular da que se serven as novas aplicacións e servizos dixitais (o visor, a sede electrónica, o portal de xustiza...).

Centraliza nun único punto toda a información xudicial, datos e documentos que se xera diariamente na tramitación de calquera procedemento en calquera órgano xudicial. Este repositorio integra máis de 32 millóns de documentos, o dobre que en 2017. Cada día rexistra 40.000 novos documentos e outros 50.000 modificados.

Conseguir unha plena dixitalización da xustiza e consolidar a implantación do Expediente Xudicial Electrónico (EXE), cuxas pezas están todas en marcha na comunidade, é o obxectivo principal do Plan Senda 2020, posto en marcha en 2015 cunha dotación de máis de 26 millóns de euros ata 2020.

En total, ambos os plans "sumarán un investimento de case 50 millóns de euros en 2020", detallou a Conellería.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta