Tres mortos esta fin de semana nas estradas galegas

O 061 atendeu a 50 persoas por 37 accidentes de tráfico a fin de semana en Galicia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/02/2019 | Actualizada ás 09:51

Comparte esta noticia

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 atendeu durante o fin de semana a 50 persoas debido a 37 accidentes de tráfico rexistrados na rede viaria galega, das que tres faleceron.

Segundo informou o 061, a Central de Coordinación recibiu entre as 15,00 horas do venres 22 de febreiro e as 23,59 horas deste domingo 24 un total de 45 chamadas en relación con sinistros de tráfico. O domingo foi a xornada que rexistrou máis incidentes, con 17.

Os recursos sanitarios mobilizados polo 061 situáronse en 53. En concreto, as ambulancias realizaron 47 saídas; o helicóptero medicalizado acudiu nunha ocasión e os equipos sanitarios de Atención Primaria prestaron asistencia en cinco accidentes.

En 40 casos os feridos foron levados aos centros sanitarios correspondentes, en sete ocasiones recibiron atención no mesmo lugar do sinistro e tres persoas faleceron no punto do accidente.

A proporción de homes atendida ascendeu ao 55 por cento e a de mulleres reduciuse ao 45%. En canto ás idades dos feridos, o 25,5% dos asistidos tiña entre os 55 e os 69 anos. Por provincias, A Coruña foi a que rexistrou máis accidentes durante os desprazamentos do fin de semana, con 16; seguida de Pontevedra, con 10; Ourense, con 9; e Lugo, con dous.

Ambulancia do 061. 061-GALICIA - Arquivo
Ambulancia do 061. 061-GALICIA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta