Gonzalo Caballero ve ao PPdeG "no seu nivel máis baixo desde o ano 1982"

O PP vai ter unha derrota épica en España e vai ter un retroceso histórico nas xerais en Galicia", expresou.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/02/2019 | Actualizada ás 11:52

Comparte esta noticia

O líder dos socialistas galegos, Gonzalo Caballero, afirmou que o Partido Popular atópase en Galicia "no seu nivel máis baixo desde o ano 1982" ante a celebración dunhas eleccións xerais, polo que insistiu en que os populares sufrirán "unha derrota épica" o próximo 28 de abril.

Así se expresou o secretario xeral do PSdeG en declaracións aos medios ao comezo dunhas xornadas organizadas en Santiago pola súa formación centradas na pobreza infantil. "As enquisas mostran a percepción que temos no país. O PP vai ter unha derrota épica en España e vai ter un retroceso histórico nas xerais en Galicia", expresou.

Así, Gonzalo Caballero ve nas enquisas publicadas nas últimas xornadas que os populares se atopan "no seu nivel máis baixo desde o ano 1982" ante a celebración dunhas xerais. "Hai dinámicas de mobilización e de cambio social no país para que moitos electores poidan no mes de abril acudir ás urnas para apoiar un goberno de progreso, de dignidade fronte ao retroceso e o regreso ao pasado que representan o tres papeletas da dereita e a ultradereita", aseverou.

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, na rolda de prensa ofrecida
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, na rolda de prensa ofrecida | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta