O porto de Ferrol subministra por primeira vez gas natural como combustible para barcos

Os custes do gas natural licuado son un 40% máis baratos que os de fueloil ou gasóleo, ademais de ter unha maior eficiencia ambiental.

Por E.P. | Ferrol | 25/02/2019 | Actualizada ás 12:18

Comparte esta noticia

O porto de Ferrol acolleu por primeira vez operacións de aprovisionamento de gas natural licuado (GNL) para buques que utilizan este produto como combustible, en lugar de fuelóil ou gasóleo.

Diso informou o porto de Ferrol nun comunicado, no que explica que as dúas subministracións  tiveron lugar o sábado e o domingo, ambas no espigón interior, que é o peirao da dársena na que adoitan atracar os cruceiros de pequeno e mediano porte.

O porto destacou que o gas natural licuado é un 40% máis barato que o fueloil e moito máis eficiente desde o punto de vista ambiental, xa que reduce nun 100% as emisións de óxido de xofre e partículas, nun 90% as de óxido de nitróxeno e nun 20% as de dióxido de carbono.

Estas características son de grande importancia tendo en conta que no norte de Europa xa se estableceron as chamadas zonas ECA, nas que os barcos teñen limitadas as emisións de gases á atmosfera, de modo que non poden usar os combustibles ata agora convencionais. Os buques que recibiron a subministración son os ferris 'Samnoy' e 'Huftaroy', que acaban de ser construídos no estaleiro turco Tersan Shipyard.

O porto de Ferrol acolle por primeira vez operacións de subministración de gas natur. PORTO DE FERROL
O porto de Ferrol acolle por primeira vez operacións de subministración de gas natur. PORTO DE FERROL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta