Unións Agrarias culpa á industria láctea de que os gandeiros estean sufrindo perdas

Desde a organización sindical agraria sinalan que a industria é quen decide a cantidade de leite a producir e o prezo que hai que fixar.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/02/2019 | Actualizada ás 12:50

Comparte esta noticia

O secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García, acusou este luns directamente ao conxunto da industria láctea de ser responsable de que os gandeiros se vexan obrigados a producir leite a perdas.

García incidiu en que "a pesar de mellorar os seus resultados, con mellora no incremento de beneficios, a industria continúa nesta dinámica de que, aínda que o mercado segue indo á alza, seguen mantendo cativos aos gandeiros".

Na organización fixeron fincapé en que son estas industrias "as que deciden canto leite hai que producir e a que prezo e segue sen actuarse contra esa manipulación da libre competencia".

Ademais, García lamentou que en Galicia se pague o litro "ata seis céntimos por debaixo da media europea" e mentres que "se están producindo renovacións de contratos (lácteos) en Francia, Alemaña e Inglaterra cuns incrementos substanciais dos prezos" aquí "en Galicia, as ofertas" que teñen "encima da mesa, tanto de Lactalis como de Central Lechera Asturiana, pasan contratos á firma cunha proposta de conxelación ou segue baixando", abundou.

"Isto é algo difícil de explicar e chama a atención que as autoridades competentes, tanto Xunta como a Comisión do Mercado de Valores, non fagan unha actuación contra o mercado. Non hai razóns que xustifiquen este diferencial de prezos e agora que van renovar contratos que non houbese un incremento á alza", concluíu Roberto García.

Vacas. EUROPA PRESS - Arquivo
Vacas. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta