Por E.P. | A CORUÑA | 25/02/2019 | Actualizada ás 13:18
A Deputación da Coruña pechará este xoves, día 28, o prazo de presentación de candidaturas ao III Premio PEL ás mellores iniciativas empresariais da provincia, segundo informa a institución.
Os interesados en participar nesta terceira edición poderán formalizar a súa candidatura só de maneira telemática, a través da plataforma Subtel, ata o xoves, ás 14,00 horas.
O obxectivo do galardón é "recoñecer as iniciativas e o traballo realizado polas empresas, asociacións empresariais e concellos, realzando o seu papel fundamental como xeradores de riqueza e emprego".
O premio busca tamén achegar "un valor engadido ás empresas mediante a súa concesión, facilitándolle soporte e respaldo para transformar ideas actuais en emprego de calidade e contribuíndo a dinamizar novos proxectos".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.