Está a lingua galega presente no mundo da xustiza?

A Xunta e a Irmandade Xurídica conmemoran a primeira sentenza en galego ditada no Xulgado de Arzúa.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/02/2019 | Actualizada ás 19:35

Comparte esta noticia

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou este luns nun acto para conmemorar a primeira sentenza en lingua galega ditada no Xulgado de Arzúa. O acto foi organizado pola Irmandade Xurídica Galega e pola Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

"É fundamental para a plena normalización da lingua galega e uns xulgados que funcionen con normalidade no idioma propio de Galicia estarán máis próximos á cidadanía e son, por este motivo, unha aspiración democrática", destacou o secretario xeral.

A Xunta e a Irmandade Xurídica conmemoran a primeira sentenza en galego dict. CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO
A Xunta e a Irmandade Xurídica conmemoran a primeira sentenza en galego dict. CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO | Fonte: Europa Press

Con todo, e a pesar dos esforzos dalgúns xuíces, avogados, procuradores e funcionarios xudiciais por impulsar o idioma galego, a súa presenza no ámbito xudicial segue a ser reducida.

No acto tamén interviñeron o presidente da Irmandade Xurídica Galega, Xoaquín Monteagudo Romeu; o presidente da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística, Xosé González; a xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución Único de Arzúa, Isabel Suárez García; e avogados e funcionarios do partido xudicial de Arzúa.

Durante o evento descubriuse unha placa conmemorativa e os sete alcaldes dos partidos xudiciais --José Luís García López (Arzúa), María Jesús Novo Gómez (Boirmorto), Dalia García Couso (Melide), Manuel Taboada Vigo (O Pino), Manuel Adán López (Santiso), Miguel Anxo Buján Varela (Toques) e Ignacio Codesido Barreiro (Touro)-- asinaron a 'Declaración a prol da lingua galega nos usos xurídicos'.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Pitito

Non, obviamente. Esto do.mundo funcionarial e o da realidade social (e linguistica) en Galicia son coma a auga e o aceite.