Ciudadanos baralla o nome da xornalista Mónica Martínez como posible candidata á Alcaldía da Coruña

A comunicadora defendía hai uns días nun acto da Asociación de Medios en Galego (AMEGA) a importancia de defender e impulsar o idioma galego, especialmente, nos medios de comunicación.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 25/02/2019 | Actualizada ás 19:26

Comparte esta noticia

Ciudadanos baralla o nome da xornalista Mónica Martínez, que traballou na TVG e en Antena 3, Lema como posible candidata á Alcaldía da Coruña, segundo informaron a Europa Press fontes do partido. Desde a formación laranxa, confirmaron que esta tarde está convocada unha asemblea de C'S da Coruña, aínda que precisaron que se trata dunha "asemblea ordinaria" na que se tratarán "varios puntos do día".

Con todo, recoñeceron que "se falará" do nome da xornalista como posible candidata. "Barállase como cabeza de lista, pero pode aparecer outro nome", dixeron ao precisar que non se trata dunha cuestión "pechada". Así, admitiron que é a persoa que nestes momentos ten "máis posibilidades" de encabezar a candidatura de C's na cidade herculina.

Sobre o procedemento para elixir os seus candidatos, lembraron, por outra banda, que Ciudadanos "non é un partido asembleario, que teña que elixir en asemblea os candidatos".

A xornalista Mónica Martínez na Gala do Día dos Medios en Galego
A xornalista Mónica Martínez na Gala do Día dos Medios en Galego | Fonte: QPC

Mónica Martínez ten traballado como comunicadora na TVG e en Antena 3.

En canto á posibilidade de primarias, lembraron que os requisitos para a celebración das mesmas "é que haxa 400 afiliados mínimos" e que estes teñan "máis de seis meses de antigüidade na súa afiliación". Con todo, dixeron que non se trata de algo que estea "concretado".

Esta xornalista presentaba hai uns días a Gala dos Medios en Galego que organiza a Asociación de Medios en Galego. Un acto no que a xornalista destacou a importancia da defensa do idioma galego e da súa divulgación e protección, especialmente, nos medios de comunicación.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta