O comité de folga das ambulancias convocará outra semana de paro se non hai acordo o 28 de febreiro

No caso de que as negociacións se manteñan estancadas, teñen previsto iniciar unha folga indefinida a partir do 20 de marzo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/02/2019 | Actualizada ás 19:29

Comparte esta noticia

O comité de folga das ambulancias mostrouse disposto a convocar unha semana máis de paros, entre o 4 e o 10 de marzo, se non se alcanza un acordo na reunión prevista para o vindeiro xoves 28 de febreiro no Consello Galego de Relacións Laborais.

A ese encontro asistirá a patronal do sector de ambulancias e os representantes sindicais e espérase que se cheguen a un acordo que resolva o conflito actual tras oito días de folga. No caso de que as negociacións se manteñan estancadas, teñen previsto iniciar unha folga indefinida a partir do 20 de marzo.

Este luns, o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, recibiu a representantes dos sindicatos CIG, CC.OO. e UGT -- integrantes do comité de folga--. Os representantes sindicais informáronlle das súas demandas laborais e das carencias en relación a este servizo que se rexistran tanto nas comarcas de Pontevedra e O Salnés.

Así, o portavoz da central nacionalista CIG, Xabier Aboi, da CIG, asegurou que na comarca de Pontevedra, as ambulancias realizan unha media diaria de 14 servizos durante os 365 días ao ano, "unha auténtica tolemia". E as medicalizadas alcanzan case os 5 servizos cada día.

Ademais, sinalou que Marín precisa que a actual ambulancia de 16 horas teña un horario ampliado a 24 horas, e estar reforzada con outra de 12 horas. E pola súa banda, indicou que O Salnés necesita outra ambulancia medicalizada todo o ano alertando de que as actuais chegan a realizar 5.000 servizos anuais.

Pola súa banda, Alfonso Boullosa, de UGT, instou ao Servizo Galego de Saúde a pór encima da mesa a súa proposta económica destinada á próxima concesión prevista para o 15 de outubro, xa que esa será a "única fórmula" que lles permitirá chegar a un acordo coa patronal para alcanzar un novo convenio.

Ambulancia en Galicia con pintadas durante a folga no sector.. FEGAM
Ambulancia en Galicia con pintadas durante a folga no sector.. FEGAM

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta