Abanca renuncia a lanzar unha OPA sobre Liberbank

As accións de Liberbank caen máis dun 12% e Unicaja perde un 3,2% na mañá do martes.

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 26/02/2019 | Actualizada ás 09:21

Comparte esta noticia

Abanca Corporación Bancaria e o seu accionista de control -o seu presidente, Juan Carlos Escotet- renunciaron ao seu interese de promover a posible operación corporativa con Liberbank e, en consecuencia, non formular unha OPA sobre a entidade de orixe galega, segundo anunciaron ambas as entidades á Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV).

Abanca tomou esta decisión despois de que a CNMV lle dese onte un prazo "improrrogable" de dez días hábiles para que manifestase a súa decisión ou non de formular unha OPA sobre Liberbank, incluíndo unicamente condicións admisibles de conformidade co Real Decreto de OPAs.

Neste sentido, Abanca explicou que, tendo en conta este prazo, non lle resulta posible realizar unha revisión confirmatoria ('due diligence') de determinados aspectos relativos a Liberbank e o seu grupo, nin por tanto, como se indicaba na carta remitida ao consello de Liberbank, tomar unha decisión definiva acerca da posible formulación dunha OPA. Así mesmo, a entidade renuncia á OPA sobre Liberbank ao considerar que esta segue traballando na operación corporativa para unha posible fusión con Unicaja.

Juan Carlos Escotet, presidente de Abanca. ABANCA - Arquivo
Juan Carlos Escotet, presidente de Abanca. ABANCA - Arquivo

FILTRACIÓNS

"Unicamente por mor das indesexadas filtracións, totalmente alleas a Abanca e o seu accionista de control, e as noticias aparecidas en diversos medios de comunicación o pasado 22 de febreiro e obedecendo á esixencia real e a requirimento da CNMV, procedeuse a publicar o primeiro feito relevante e a partir dese momento, a tratar coa debida transparencia as sucesivas actuacións", sinalou a entidade.

Tras coñecerse a renuncia de Abanca a lanzar a OPA sobre Liberbank, as accións da entidade con orixe asturiana, que tardaron uns minutos en marcar o seu primeiro prezo, deixábanse máis dun 12% ás 9.18 horas, ata intercambiarse a un prezo de 0,41 euros, mentres que Unicaja perdía un 3,2%, ata 0,98 euros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta