Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/02/2019 | Actualizada ás 12:45
O produto interior bruto (PIB) galego experimentou un crecemento "notable" en 2018, pero desacelerouse no segundo semestre, segundo constata o indicador Abanca-Foro de Conxuntura Económica.
Este índice recolle un incremento interanual da economía de Galicia do 3,2% en decembro, mentres que o aumento intertrimestral foi do 0,6%. Ambas as cifras supoñen diminucións, o que ratifica que o PIB "continúa na senda de desaceleración".
Á espera dos datos de contabilidade rexional do IGE, a previsión do Foro apunta "na liña da estabilidade no crecemento do PIB galego roldando as cifras do trimestre pasado (un crecemento interanual do 2,6% e intertrimestral do 0,6%).
A variable que se anotou un maior crecemento é a relativa a importacións de bens e servizos, xunto cos viaxeiros nos hoteis. No lado negativo, destaca a evolución do índice de produción industrial.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.