Galicia volverá pedir a Madrid que lle ceda as competencias en Tráfico once anos despois

Xa se pediran en 2008 pero impediuno o PSOE e o PP co seu voto en contra e a súa abstención.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/02/2019 | Actualizada ás 12:49

Comparte esta noticia

A abstención do Grupo Popular permitiu a aprobación por parte do Parlamento de Galicia do inicio da tramitación da lei para a transferencia das competencias de tráfico e seguridade viaria desde o Estado á Administración autonómica.

A lei, presentada polo PSdeG, saíu adiante cos votos favorables dos grupos da oposición e a abstención dos deputados do PPdeG, que xustificaron a súa postura de "non obstaculizar" a tramitación da lei a pesar de que consideran que existen "outras prioridades" para o "autogoberno de Galicia", como o traspaso da AP-9, o aumento do persoal da policía autonómica e unha dotación orzamentaria por parte do Estado "xusta".

Trátase da segunda vez que o Parlamento de Galicia aproba unha lei para a transferencia das competencias de tráfico a Galicia. En 2008, todos os grupos da Cámara apoiaron a proposición que, finalmente, foi rexeitada polo Congreso co voto en contra do PSOE e a abstención do PP.

Pleno Do Parlamento De Galicia Do 26 De Abril De 2017. CONCHI PAZ/XUNTA - Arquivo / Europa Press
Pleno Do Parlamento De Galicia Do 26 De Abril De 2017. CONCHI PAZ/XUNTA - Arquivo / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 lóstrego

A metrópole non fai concesións á colonia galega.