O PSOE da Coruña reivindica unha "xestión valente" fronte á "parálise" de Marea Atlántica

A candidata socialista á alcaldía, Inés Rey, pediu a "interlocución" cos empresarios para "fomentar" emprego estable

Por E.P. | A CORUÑA | 26/02/2019 | Actualizada ás 13:16

Comparte esta noticia

A candidata socialista á Alcaldía da Coruña, Inés Rey, reivindicou unha "xestión valente" no concello fronte á "parálise" que, ao seu xuízo, está a caracterizar a Marea Atlántica.

En declaracións aos xornalistas, tras un encontro con empresarios no Club Financeiro Atlántico, fixo extensiva esta "parálise" tamén ao ámbito administrativo. "É fundamental que o concello volva ser un interlocutor válido", dixo en referencia aos colectivos sociais e os empresarios. No caso destes últimos, afirmou que o obxectivo é "fomentar" a creación dun emprego "estable".

Preguntada polas peticións que lle trasladaron desde o ámbito empresarial, sinalou que lle solicitaron "interlocución" e engadiu que "algo que falta neste concello desde hai catro anos é  xestión e valentía na xestión", recalcou.

Xulio Ferreiro, líder de Marea Atlántica. CONCELLO DA CORUÑA - Arquivo
Xulio Ferreiro, líder de Marea Atlántica. CONCELLO DA CORUÑA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta