Tempo de mudanzas

O peso dos anos sempre deixa sinais que van máis alá do físico. A vida, que é unha lección de aprendizaxe permanente, vainos modelando, pois a complexa realidade na que vivimos e o paso do tempo axudan a reflexionar e ver as cousas con menos paixón que cando se é mozo. E iso damos prespectivas que, maiormente, obríganos a ser moito máis pracmáticos, e polo tanto non estar tan absortos unicamente por unha ideoloxía que, ás veces, domínao todo.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 28/02/2019

Comparte esta noticia
Nestes días aparecen persoeiros que na vida pública tiveron responsabilidades políticas, alguhas importantes, e que agora, non sei se por vocación ou por outros motivos ben agochados, precisan estar na palestra e mudan de partido, como se cambiasen de chaqueta. Pode ser que, como nas formacións políticas nas que estaban xa non ven futuro ou non lles dan o que querían, andan a  buscar acobillo noutras siglas. O ser humano, aínda que non o pareza, está en constante evolución  física e tamén mental. Pero tamén, o ser humano,  dalle moitas voltas ó caletre con tal de seguir no machiño, ou neses recunchos que lle dan poder, preponderancia social e algúns emprego.
 
Estamos á porta de dous  procesos electorais e, neste momento, todo é posibel cos nomes que, sobor de todo, para as municipais van saído á luz. Uns, eran e agora son de tal formación e decátanse, despois de moitos anos, que non lles vale e argumentan que non funciona nin goberna.
 
Con todo, o maior movemento está a darse nas listas dos partidos consevadores. Formacións  nas que o trasvase  e a perda de votos parece moito máis previsibel.  Mais na  chamada esquerda, o asunto tampouco está moi tranquilo. A convocatoria das xerais deulle ó proceso moita máis emoción e tamén incertidume.  Pois no  mundo galego a ruptura e o desacordo impiden unha lista galega única para as xerais, lista que  sería moi positiva para esta terra. Dado que  ter voces independentes na Cortes Xerais marcaría un fito importante para poñer os nosos problemas enriba da mesa onde se toman as decisións. 
 
O certo é que no mundo do nacionalismo galego haberá polo menos  dúas  opocións: a do BNG, e a da Marea, claro  xunto as demais  ofertas dos partidos estatais nas que entra Podemos e Anova, polo que acadar  representación propia nas Cortes  será moi dificil.
 
A verdade é que o panorama político para as dúas convocatorias parece un tanto incerto. Pois o espazo político está en pleno movemento; está a sofrir unha certa convulsión, ben pola aparición de forzas novas,  ou pola disputa de espazos e as leas internas nas formacións.  E desa incertidume é de onde parten as mudanzas e saltos  buscando acobillo para aqueles que, queren servir a comumidade; ou que teñen unha ambición desmesurada e buscan na política un medio cómodo  de vida.
 
En fín, estamos no tempos dos trocos partidarios o que implica para os electores tentar distinguir quen vai a traballar polo común ou a vivir exclusivamente  da política. Distinguir o grao da palla non é sinxelo.  Estamos no tempo das reubicacións e onde todo é xustificabel, pois   sempre se fai porque se quere traballar pola comunidade e pola xente. Veremos canto hai de certo nese dito. 

Reunión de Pablo Iglesias de Podemos con Xosé Manuel Beiras, de ANOVA
Reunión de Pablo Iglesias de Podemos con Xosé Manuel Beiras, de ANOVA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com