Buscando figuras emerxentes da literatura galega

O Certame Mazarelos da Facultade de Filoloxía encara xa a súa quinta edición.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 26/02/2019 | Actualizada ás 20:40

Comparte esta noticia

O Certame literario Mazarelos, que convoca a Facultade de Filoloxía coa colaboración do Servizo de Normalización Lingüística da USC, ten coma finalidade atopar novas figuras emerxentes da literatura galega. Na súa quinta edición, que terá lugar o vindeiro ano pretende sacar un volume conmemorativo dos cinco anos do premio que dará a coñecer a produción literaria da mocidade universitaria.   

Yolanda Castaño
Yolanda Castaño

Pero antes, os gañadores e gañadoras do Certame literario Mazarelos manterán este mércores 27 un encontro literario co escritor Suso de Toro na libraría Numax. Esta é unha das novidades da cuarta edición do certame que xa celebrou un primeiro encontro coa escritora Yolanda Castaño quen, xunto con Suso de Toro, exercen de mentores literarios a través de encontros abertos a todos os participantes das distintas edición e do público interesado na literatura.

Se a semana pasada Yolanda Castaño foi a encargada de dialogar sobre poesía na librería Chan da pólvora, esta semana en NUMAX terá a palabra Suso de Toro, nun debate cos gañadores e gañadoras do Certame literario Mazarelos guiado pola profesora e tradutora Marta Gómez Pato. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta