A Deputación da Coruña inicia unha serie de debates sobre o feminicidio en trece concellos

O obxectivo é "debater sobre a violencia de xénero e diferenciala da doméstica ou intrafamiliar", sinala a institución provincial.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 26/02/2019 | Actualizada ás 18:16

Comparte esta noticia

A área de Igualdade e Benestar Social da Deputación da Coruña promove un programa de debate en torno ao feminicidio que se desenvolverá en trece concellos e que se iniciará este mércores en Negreira.

Segundo informa o organismo provincial, Carme Adán, a autora do libro 'Feminicidio. Unha nove orde patriarcal en tempos de submisión', será a encargada de impartir o trece talleres previstos.

Os concellos de Ferrol, Culleredo, Boiro, Boqueixón, Muxía, Santiago, Cee, Negreira, Coirós, Carballo, Teo, Muros e a Mancomunidade de Ordes acollerán estes talleres sobre a violencia machista.

O obxectivo desta actividade é "debater sobre a violencia de xénero e diferenciala da doméstica ou intrafamiliar", sinala a institución provincial.

Teléfono 016 contra a violencia de xénero
Teléfono 016 contra a violencia de xénero

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta