A Xunta insiste ao Goberno central na necesidade dun xulgado do social en Lugo

O Goberno galego valora que o Ministerio de Xustiza "decidise rectificar" e conceda un novo xulgado a Santiago de Compostela, pero quere outro órgano similar na capital luguesa.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/02/2019 | Actualizada ás 19:54

Comparte esta noticia

A Xunta valorou que o Ministerio de Xustiza "decidise rectificar" e dea luz verde a un novo xulgado do social en Santiago de Compostela, tal como anunciou este martes o Goberno, e reiterou a súa petición ao Executivo para que "faga o propio" e poña en marcha outro órgano similar en Lugo.

Xulgados de Santiago.
Xulgados de Santiago.

O ano pasado o Executivo galego e o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) acordaron na Comisión Mixta solicitar ao Ministerio de Xustiza a creación de tres novos xulgados do social: un en Vigo, outro en Santiago e outro en Lugo.

Con todo, o Ministerio respondeu aceptando a creación do xulgado do social en Vigo, pero rexeitando o de Santiago e o de Lugo, en favor da creación dun novo xulgado de primeira instancia na Coruña e dunha praza de maxistrado, tamén na cidade herculina.

"Dado que non se tiña en conta a proposta inicial de Galicia, a comisión Mixta formada pola Xunta e o TSXG reuniuse de urxencia este luns para ratificar que a creación dos tres xulgados do social é prioritaria", subliñou o Goberno autonómico.

Pola súa banda, este martes, o delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, anunciou que a proposta "definitiva" do Ministerio de Xustiza si incluirá este xulgado para a capital galega, así como outro xulgado deste tipo en Vigo e un de Primeira Instancia na Coruña. Con todo, esta decisión non contempla nin a creación dunha praza de maxistrado na Audiencia da Coruña, que si se incorporaba na proposta que transcendeu a pasada semana, nin un xulgado do social para Lugo, que era outra das principais peticións.

Así, a Administración galega pediu ao Goberno a creación do xulgado do social en Lugo, e mostrou "a súa disposición" a pór en marcha máis unidades xudiciais das inicialmente solicitadas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta