Temas: ABANCA

Queixas pola caída do sistema de caixeiros e o servizo electrónico de Abanca durante horas

Os pagos con tarxeta en comercios funcionan correctamente.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/02/2019 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

Os caixeiros automáticos e o servizo de banca electrónica de Abanca acumulan varias horas sen funcionar ao longo deste martes debido a unha "incidencia", segundo sinala a entidade.

Os caixeiros e o servizo electrónico de Abanca acumulan varias horas sen funcio. CAPTURA
Os caixeiros e o servizo electrónico de Abanca acumulan varias horas sen funcio. CAPTURA | Fonte: Europa Press

Abanca emitiu unha mensaxe a través das redes sociais esta tarde no que informa de que os seus "servizos a distancia non están dispoñibles", aínda que están "a traballar para solucionar o problema".

Ante as numerosas queixas recibidas por usuarios a través das redes, a entidade financeira sinalou que os pagos con tarxeta en comercios están a funcionar correctamente, á vez que lamenta as molestias ocasionadas aos clientes.

Todo iso, nunha xornada na que Abanca renunciou a formular unha Oferta Pública de Adquisición (OPA) de accións sobre Liberbank, que segue traballando, pola súa banda, na operación de fusión por absorción con Unicaja.

Temas: ABANCA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

1 Quirogan

Co galego tampouco andan moi finos, por exemplo cos recibos: pedinllos en galego (son 2 paridas) e levan anos (teño probas dabondo) mandándomos en español e dicindo que están traballando no tema... É patético. Grazas que traballo principalmente cun banco que ten e-opción "portuguesa". Non é o meu galego pero o español tampouco é a miña lingua nai e eu son galego e vivo en Galiza así que mellor cun parente que cun descoñecido (ABANCA non ten un grande cliente en min pero poderían telo se fosen máis espilidos. Así non, nunca).

1 Rosa

Imaxino que te referirás ó castelán, cando dís "Español", pois éste non é un idioma, é un país.

2 Quirogan

O idioma de Galiza é o galego. O castelán é a lingua do estado español. Cando o galego sexa tratado co respeto e protección do castelán chamareille a ista última lingua castelá. E como son nacionalista galego para min o galego non é unha lingua española. Ti chámalle como queiras, xa sabemos que o nacionalismo español non existe... España é un invento que nunca sairá adiante porque o que non existe non pode funcionar. Fágoche un esquema?