Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/02/2019 | Actualizada ás 12:49
A viúva de Teo (A Coruña) á que o banco ameazaba con desafiuzar este xoves recibiu a notificación de que Blackstone pediu ao xulgado a paralización temporal do proceso. Os seus achegados respiran agora máis tranquilos, logo de loitar por lograr suspender a execución da orde.
En declaracións a Europa Press, o fillo, Marcos Couceiro, celebrou que é "un respiro" e "unha boa noticia" que se paralice o desafiuzamento por dous meses. Entende que o fondo -que ten unha sociedade conxunta co Banco Santander, pero que é quen a xestiona ao ter a maior parte- quererá agora "chegar a un acordo".
Por iso, volveu a mostrar o seu agradecemento polo apoio recibido. Referiuse aos representantes políticos e sociais que participaron a semana pasada nunha concentración fronte ao Santander, en Santiago. Pedían, precisamente, que o desafiuzametno non se levase adiante.
O conflito remóntase ao ano 2010, cando unha empresa que tiña o pai de Marcos Couceiro entrou en concurso de acredores. Ao tempo, os seus proxenitores estaban a acabar de pagar unha hipoteca que, segundo conta, tiveron que deixar de pagar.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.