Queimadas xa 30 hectáreas nun incendio forestal en Padrenda (Ourense)

O lume entrou esta mañá por Portugal

Por E.P. | OURENSE | 27/02/2019 | Actualizada ás 13:28

Comparte esta noticia

O municipio ourensán de Padrenda viuse invadido por un incendio forestal que atravesou a mañá deste mércores a fronteira portuguesa. O lume descontrolado xa queimou unhas 80 hectáreas.

Un bombeiro durante os labores de extinción dun incendio
Un bombeiro durante os labores de extinción dun incendio | Fonte: Imaxe de arquivo

Esas son as últimas estimacións da Consellería de Medio Rural acerca da superficie afectada. O lume entrou por Portugal ás 6,55 horas deste mércores e localízase na parroquia de San Pedro da Torre.

No control deste incendio traballan tres axentes, dúas brigadas, unha motobomba, un técnico e un helicóptero. Ademais dos medios terrestres, Medio Rural indicou que na zona tamén actúan dous helicópteros e que se incorpora un avión.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta